Civic & Social Organization - Narón, Galicia, Spain
Vida Activa é unha asociación comprometida coa integración das persoas con diversidade funcional da comarca de Ferrolterra e coa intención de ofrecerlles actividades para a súa integración efectiva e real na sociedade. En Vida Activa organizamos obradoiros e actividades nas que participan persoas con e sen diversidade funcional, promovendo así unha interelación na que se superan obstáculos coma son a falta de información e os medos derivados do moi escaso contacto existente entre o colectivo de persoas con diversidade funcional e o resto da sociedade.