Publishing - A Coruña, Galicia, Spain
Baía Edicións é unha editorial galega de carácter xeneralista. Fundada na cidade da Coruña, leva desde entón sorprendendo a lectores e lectoras con obras de coidada edición e grande interese nas súas moitas liñas editoriais: libro de texto, contos infantís, xogos, literatura xuvenil e de adultos, ensaio e pensamento filosófico, gastronomía, divulgación da natureza etc.De entre todas as coleccións destacamos as seguintes: - Xiz de cor, relatos e poemas infantís combínanse nesta colección de álbum ilustrado de produción propia, onde se amosa a mellor creación de autores e ilustradores, así como as súas diferentes sensibilidades.- Contos da igualdade, historias ilustradas coas que se pretende romper a tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenas e nenos, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres.- Cempés, contos pensados para ler e mirar cos máis pequenos da casa, con sinxelas historias onde a parte plástica é tanto ou máis importante que o texto escrito.- Guías de natureza, desde os inicios apostamos pola divulgación do medio natural, pois entendemos que o seu coñecemento é unha forma de contribuír á súa conservación. Nas nosas guías aúnanse rigor científico e valor divulgativo e sitúan a Baía Edicións e a literatura naturalista galega ao máis alto nivel e ao seu ilustrador, Carlos Silvar, nos cinco mellores debuxantes naturalistas do mundo.
Magento
Google Font API
Mobile Friendly