Apparel & Fashion - Lalín, Galicia, Spain
cavanillas é unha tenda multimarca de roupa e complementos para home. O comercio abre as súas portas no ano 2004, escollendo un local mítico da capital do Deza, o que fora durante décadas o establecemento onde Balado comercializaba os seus curtidos. O seu fundador é Manuel Rodríguez Rodríguez, coñecido no mundo enteiro como "Cavanillas", un profesional do téxtil con máis de corenta anos de experiencia. O comercio destaca pola atención ó cliente e pola alta calidade da roupa. Ofrece un servizo integral que vai desde o asesoramento de imaxe ata a posta a punto das prendas. A misión de cavanillas é a de facilitar ós homes a tarefa de vestirse axeitadamente cada día. cavanillas pon á disposición dos seus clientes todo o que precisan para vestirse nun único establecemento e nunha única sesión cada tempada. Isto é o que chamamos cavanillas confidencial, sesións de venta privada con cita previa nas que pechamos as nosas portas para ofrecer o 100% da nosa atención a un só cliente. Somos especialistas en traxes de cerimonia. Os nosos noivos e padriños sempre nos recomendan. Traballamos con marcas internacionais e locais socialmente responsables como: Giovanni Valdi, Ramón Sanjurjo, Chevignon, Fred Perry, Roy Robson, Mirto, Corsare, Décimo Hombre, Olimpo, Il Granchio, Morachini, Calvin Klein, calzados Leyva, Javier Arnaiz, manufacturas Villamore ou Punto Blanco.
WordPress.org
Cufon
Google Analytics