Utilities - Santiago de Compostela, Galicia, Spain
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia é unha corporación de dereito público que ten como fins: a) O ordenamento do exercicio da profesión de psicólogo/a en todas as súas formas e especialidades, a representación exclusiva da mesma, a defensa dos intereses profesionais dos/das colexiados/as e a protección dos intereses das persoas consumidoras e usuarias receptoras dos servizos prestados por aqueles/as.b) Vixiar o exercicio da profesión, facilitando o coñecemento e cumprimento de todo tipo de disposicións legais que afecten á profesión de psicólogo/a, e facendo cumprir a ética profesional e as normas deontolóxicas da/do psicóloga/o, así coma velar polo axeitado nivel de calidade das prestacións profesionais dos/das colexiados/as; para iso promoverá a formación e perfeccionamento destes/as e cooperará na mellora dos estudos de Grao en Psicoloxía.c) Fomentar a promoción e desenvolvemento técnico e científico da profesión e da ciencia psicolóxica, a solidariedade profesional e o servizo da profesión á sociedade.d) Impulsar e desenvolver a mediación, facilitando o acceso e administración da mesma, incluída a designación de mediadores no caso de constituírse o Colexio como institución de mediación de conformidade co disposto na lexislación vixente.
Apache
Drupal
Google Font API
MailJet
1&1 Hosting
Mobile Friendly