Management Consulting - Santiago de Compostela, Galicia, Spain
Os círculos de aprendizaxe son grupos de estudo animados por un/ha facilitador/a (neste caso eu mesma, Coralie Yap-Chine, en tanto que facilitadora certificada P2PU). Constan dun máximo de 12 persoas que se reúnen semanalmente durante un periodo de tempo de entre 1 e 3 meses para adquirir conxunta e presencialmente novos coñecementos a partires de contidos dispoñibles en Internet (os MOOCs), para compartir con persoas con intereses similares nun ambiente informal, e para impulsar proxectos. Contribúen ao papel crucial que desempeña a aprendizaxe informal nas comunidades locais e nas organizacións.O que propoñemos son programacións formativas colaborativas regulares, un novo modelo de escola baseada no blended-learning colaborativo, iso é, un modelo híbrido que colle o mellor do e-learning e da formación presencial. Nunha era marcada polo lifelong learning, na que temos que adquirir constantemente novas habilidades, dende Círculos de Aprendizaxe propoñemos unha metodoloxía para acompañar as persoas individuais e as organizacións nos seus procesos de aprendizaxe en todos os ámbitos do saber.