Higher Education - Vigo, Pontevedra, Galicia, Spain
A Área de Emprego e Emprendemento é unha unidade de xestión que ten como obxectivo fundamental facilitar, en colaboración con administracións, empresas e outras institucións, o acceso ao mercado laboral do estudantado e persoas tituladas na Universidade de Vigo, a través de cursos, formación, prácticas, bolsas e ofertas de emprego- Facilitar información, asesoramento e formación, preferentemente individualizados, no ámbito da orientación profesional e a inserción laboral.- Xestionar, en coordinación cos centros, empresas e demais axentes implicados, as prácticas externas do estudantado.- Elaborar e xestionar ofertas de emprego asumindo labores de intermediación entre os axentes empregadores e as persoas tituladas.- Establecer relacións de cooperación con outras unidades universitarias e especialmente con outras administracións, empresas e institucións.- Realizar estudos, informes, estatísticas e análises a pedimento dos superiores.- Coordinar as actividades das diferentes unidades administrativas nas materias da súa competencia.- Actuar con criterios de colaboración e asistencia con outras administracións e entidades relacionadas coa universidade.