Civic & Social Organization - Malpica de Bergantiños, Galicia, Spain
Federación formada por sete asociacións de redeiras de Galicia, co obxectivo común de dignificar o seu traballo e dar visibilidade a estas profesionais do mar.A finais do ano 2002 a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos empeza a establecer contactos coas redeiras das diferentes localidades costeiras galegas. A resposta do colectivo é tan positiva que se solicita a celebración do II Encontro de Redeiras, que ten lugar en Santiago de Compostela. As profesionais reunidas nesta xornada intercambian experiencias e planifican xuntas a forma de logralos. Como froito dos continuos contactos, reunións e viaxes conxuntos das diferentes asociacións, nos que se constataron os intereses comúns, comézase a contemplar a posibilidade de crear unha Federación con todas as asociacións existentes en Galicia.Así, no III Encontro créase a Federación Galega de Redeiras Artesás, que queda constituída o día 30 de setembro de 2004. Ao día seguinte realízanse as eleccións para a constitución do Consello Reitor, formado finalmente por cinco mulleres redeiras de diferentes portos galegos. A partir de entón comeza unha nova etapa no colectivo de redeiras galegas, porque estas cinco mulleres e todas ás que representan loitarán xuntas coa finalidade de dignificar a súa profesión e sacar ás profesionais redeiras da situación de case invisibilidade na que se atopaban ata o de agora.Desde o 2004 foron pasando distintas directivas, aínda que todas mantiveron o espírito da loita por conseguir que as redeiras fosen visibles e escoitadas. A día de hoxe, a federación conta con 7 asociacións.
Nginx
YouTube
Mobile Friendly