Performing Arts - Vigo, Galicia, Spain
Feira do Leste xorde a finais do ano 2015 coma unha xuntanza de novos profesionais da interpretación, da dramaturxia e da dirección escénica que buscan explorar campos de expresión artística e temática no teatro físico, a performance ou a danza.Integrada por persoas con ampla formación e experiencia escénica e audiovisual, Feira do Leste adapta esas linguaxes multidisciplinares dentro das novas manifestacións teatrais de carácter posdramático. A compañía asume o novo paradigma teatral de ruptura aristotélica e de traballo en colectividade, fragmentario, no que os xéneros e as técnicas expresivas hibrídanse e onde as temáticas están moi próximas á actualidade e á memoria común do pasado recente.A primeira montaxe Exilio das Moscas (2016) conseguiu unha grande aceptación por parte do público e da crítica, sendo seleccionada no VI Festival "Vigo en Bruto", no Festival SET de Porto e no Festival de Teatro Universitario de Santiago, entre outros. Continuando pola senda aberta coa primeira montaxe, nace Tras Tannhäuser (2017) un espectáculo que fala dos medos dende unha óptica xeracional e que foi seleccionada no Programa de Creación Joven Injuve 2016. Durante o verán de 2017, estrease Aquí hai dragóns, unha experiencia multidisciplinar creada para o Festival Artes no Camiño de Sarria, así como o proxecto de integración das artes escénicas e a memoria colectiva dos pobos, co título de Lembrazadas (2017).
WordPress.org
Google Font API
jPlayer
Mobile Friendly