Media Production - Santiago de Compostela, Galicia, Spain
Dende que emerxeu das augas, Illa Bufarda, concibiuse coma un lugar para a creación no que o traballo orixinal, imaxinativo e de calidade forma parte das actividades cotiás. Illa Bufarda non é unha illa convencional, a súa superficie medra co paso dos días coma se dunha pranta se tratase, agromando con novas ideas e proxectos. Está habitada por profesionais da comunicación audiovisual que levamos sempre a ilusión e o bo facer máis aló das augas que nos rodean. Bufarda é unha illa galega que levaba sumerxida no mar dende o comezo dos días. Hai uns anos, os picos máis montañosos comezaron a ver a luz, é por iso que recibe o nome de Bufarda. As Bufardas son pequenas xaneliñas das tradicionais construcións galegas polas que se filtran os raios de luz. A través delas podemos ver e encadrar historias, imaxes, paisaxes, debuxos e realidades para logo proxectalas fóra da illa.
Google Font API
Rackspace
Vimeo