Music - Ourense, Galicia, Spain
MUSGO é unha iniciativa musical e cultural que naceu en Ourense en 2019, como antesala da celebración do ano Xacobeo 21·22. Desde entón, a música é para MUSGO a escusa para poñer en valor a Ourense dentro da Galicia Xacobea, buscando destacar o atractivo da capital termal como lugar de partida para unha peregrinaxe a Compostela, curta e de outono, a través da riqueza paisaxística, patrimonial e cultural dos camiños que transcorren polo noso territorio.