Performing Arts - Vigo, Galicia, Spain
Señora Supina é unha compañía teatral que nace en 2017 da man de profesionais da interpretación, da dirección e da escenografía que, tras formarse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD de Galicia), deciden continuar investigando na comedia e na dinamización.A compañía busca explorar campos de expresión artística no teatro galego empregando o humor como ferramenta, así como temáticas pouco habituais nos circuítos teatrais de Galicia. Señora Supina somos Alba, Nola, Raquel, Vanesa, Gabi, Javier e Raquel C.Creamos a compañía no 2017 co espectáculo Cinco mulleres que comen tortilla co que gañamos un premio Xuventude CREA 2017 da Xunta de Galicia. Cremos firmemente que o humor é unha ferramenta poderosa de compromiso e entretemento por iso apostamos por facer desfrutar ao público dende que entra pola porta do teatro.Os nosos espectáculos están pensados para un público adulto e adolescente, pero tamén temos montaxes para os máis cativos como A Cabana de Madame Camellia, onde buscamos conxugar a intelixencia emocional e a dinamización á lectura.
reCAPTCHA
Hubspot
WordPress.org
Google Tag Manager
Google Font API
YouTube