Marketing & Advertising - , ,
We Are Ads é un festival universitario de comunicación realizado por estudantes da Uvigo.Esta iniciativa nace co propósito de dar visibilidade ó traballo das novas xeracións do campo da comunicación, a búsqueda dun diálogo entre o académico e o mundo laboral. O festival celébrase durante a primeira semana de marzo (a WaaWeek), na que, por un lado, achegamos a profesionais das distintas ramas do sector ás nosas aulas para que fagan talleres ou charlas didácticas, e por outro lado realízase un concurso no que os estudantes poden presentar as súas pezas ante un xurado externo. As pezas son expostas ó público e as mellores son recompensadas nunha gala chea de entretemento e variedades. A primeira edición celebrouse este ano (2015) con notable éxito, polo que seguirá facéndose e mellorando anualmente. Podédenos atopar na nosa web http://weareads.wix.com/waafestFacebook: /WAAFestival Twitter: @weareads Instagram @we.are.adsTumblr: http://weareadsfestival.tumblr.com/