Coma é unha Sociedade Cooperativa Galega, baseada nun modo de organización horizontal e nun xeito de traballo colaborativo. En Coma Comunicación Creativa arriscámonos, gústanos ir máis aló do evidente e mesmo recorremos a un signo ortográfico e non ás palabras, para definirnos. Coma, tras coma, tras coma... Porque sumamos, e ese é o noso obxectivo: que os proxectos que desenvolvemos para os nosos clientes sumen.Todos comunicamos, persoas, colectivos, empresas… E todos necesitamos que alguén nos axude a facelo o mellor posible. Sentámonos e tomamos un café?