Analista de datos at Observatorio de Persoas Tituladas da UVigo - Vigo, Galicia, Spain
O Observatorio de Persoas Tituladas é un proxecto do Consello Social da Universidade de Vigo creado co propósito de que a universidade realice un seguimento das persoas tituladas e coordine todo o relativo ao antigo estudantado.Configúrase como un observatorio permanente para consolidar os vínculos co antigo estudantado a partir do estudo das súas traxectorias e situación laboral para dispor dunha información actualizada, fiable e útil para a toma de decisións no ámbito da Universidade de Vigo.OBXECTIVOS:- Ofrecerlle á Universidade de Vigo información oportuna, veraz e actualizada relacionada co antigo estudantado.- Recompilar, xerar e difundir información relevante sobre o proceso de inserción profesional das persoas tituladas da Universidade de Vigo.FUNCIÓNS:- Realizar estudos e enquisas de seguimento de egresados/as.- Planificar e encamiñar a información institucional ao colectivo egresado.- Crear e consolidar unha base de datos actualizada por ano de promoción con todas as persoas tituladas.- Elaborar e difundir informes de inserción laboral que permitan realizar un seguimento permanente da evolución do/a titulado/a e da súa proxección profesional.- Establecer estratexias de participación e apoiar a realización de eventos académicos, divulgativos, sociais e culturais nos que se integren as persoas tituladas coas temáticas que sexan consideradas de interese.- Apoiar ás persoas egresadas no ámbito laboral e académico.- Articular actividades de extensión e de formación permanente coas persoas egresadas.- Brindar apoio e outras funcións da Vicerreitoría de Estudantes e/ou do Consello Social.