Writing & Editing - Santiago de Compostela, Galicia, Spain
7H Cooperativa Cultural é un proxecto de autoemprego colectivo no que apostamos pola economía social e a fórmula cooperativa por ser esta un modelo de xestión empresarial centrado nas persoas e na comunidade. Desde este posicionamento traballamos para garantir a participación das persoas nos procesos de creación cultural contemporánea, desde os principios de inclusión, igualdade e diversidade. Constituída no 2015, 7H nace ao amparo do Premio Emprende Gaiás-Sixto Seco á mellor idea empresarial creativa. Porén, o xerme do proxecto comeza no 2014, cando as súas socias fundadoras levan a cabo en Área Central o proxecto de ocupación artística Local Dispoñible, que reuniu a 39 artistas en torno a un espazo experimental no que crear sinerxias entre creadores, comerciantes, consumidores e habitantes do centro comercial. No 2016, polo noso coidadoso traballo en colectividade, recibimos o Premio aos Valores Cooperativos da man do Consello Galego de Cooperativas e no 2018 da man da Deputación da Coruña o premio do que nos sentimos máis orgullosas: o Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero en relación ao noso proxecto de arte urbana feminista 'Elas tamén Pintan'.En 7H aspiramos a xerar un modelo de participación e comunicación artística capaz de fomentar o diálogo, o recoñecemento e a visualización da diversidade cultural, un modelo que nos permita, desde a creación contemporánea, transformar colectivamente o noso contexto. Grazas por acompañarnos no camiño!
WordPress.org
Google Font API
Open AdStream (Appnexus)
Mobile Friendly